martes, 8 de mayo de 2012


Feira da Primavera 2012. Barrio de San Pedro
Sábado 5 de maio

Por fin chegou o noso día, un deses que son os favoritos para O Con. O Barrio de San Pedro, sempre nos acolleu cos brazos abertos para recibir con ledicia as nosas creacións, polas que sempre nos dades os parabens  pola imaxinación e traballo que poñemos en cada unha delas.
Para nós é un pracer inmenso asisstir á Feira da Primavera e a das Festas do Barrio. Son o inicio do que nos espera no verán, ir de Feira en Feira e tan contentos!
Este sábado todo hai que dicilo, pasamos momentos de angustia polo tempo e a choiva que quería quedarse a facernos compaña. A pesar diso, durante todo o día as rúas estiveron ateigadas de xente, e como estamos dicindo verdades... As compras estiveron máis animadas pola tarde coa desaparición da auga e a aparición do sol.
Foron horas de traballo, que se viron recompensadas cando nos fomos a descansar unha vez rematada á festa.Aqui vos deixamos o bonito que quedou o posto e as nosas artesanías, roupa personalizada  e roupa retro.
















Gracias unha vez máis por estares aí.
Vos esperamos en San Pedro nas Festas do Barrio, pero antes xa vos iremos contando onde atoparnos!







No hay comentarios:

Publicar un comentario